EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Compartir
O Tigre na Boca do Lagarto (en Gallego)
X. Antón Dobao (Autor)
·
Edicións Xerais
· Tapa Blanda
O Tigre na Boca do Lagarto (en Gallego) - X. Antón Dobao
Libro Nuevo
Origen: España
19,95 €18,95 €
Reseña del libro "O Tigre na Boca do Lagarto (en Gallego)"
Unha parella que se perde no medio da fraga e se reencontra. un eterno retorno entre a paixón erótica e o abismo. a vida que constrúe o desexo ou o desexo que organiza a vida. o azar e a súa tráxica e caprichosa vontade. as lóxicas do dominio e o control. da rebelión e a sabotaxe. o desafío material da realidade e as opresións do traballo. as normas do éxito e do fracaso. a loucura irrefreable do poder coas súas dinámicas absurdas e inaccesibles. e a ousadía de concibir a posibilidade de desconectalo... Estes contos narrados desde o interior da boca do lagarto. o mesmo lugar en que o tigre amosa os dentes afiados coma navallas. observan a realidade desde diferentes perspectivas. desde dentro e desde fóra. desde as teas da aparencia e desde o núcleo descarnado da rede que nos conecta e nos vixía asemade. Entre a complexidade do material e a simpleza dos signos dun código binario. Os personaxes son carne e alento e ao mesmo tempo impulsos electromagnéticos nun metaverso caprichoso e sen regras fixas. Talvez iso somos os humanos. «O tigre na boca do lagarto» é un conxunto de historias sobre os seres humanos e os seus xogos. paixóns. impulsos e traxedias. opresións e desexos incontibles de liberación. Sobre os seus fracasos. as súas derrotas e as vitorias da existencia.
- 0% (0)
- 0% (0)
- 0% (0)
- 0% (0)
- 0% (0)
Todos los libros de nuestro catálogo son Originales.
El libro está escrito en Gallego.
La encuadernación de esta edición es Tapa Blanda.
✓ Producto agregado correctamente al carro, Ir a Pagar.