Compartir
O Labor Lírico do Ilustrado Cura de Fruíme (Ensaio) (en Gallego)
Xulio Fernández e Pardo de Neyra
(Autor)
·
Laiovento
· Tapa Blanda
O Labor Lírico do Ilustrado Cura de Fruíme (Ensaio) (en Gallego) - Xulio FernÁNdez E Pardo De Neyra
Elige la lista en la que quieres agregar tu producto o crea una nueva lista
✓ Producto agregado correctamente a la lista de deseos.
Ir a Mis ListasSe enviará desde nuestra bodega entre el
Lunes 24 de Junio y el
Miércoles 26 de Junio.
Lo recibirás en cualquier lugar de España entre 1 y 5 días hábiles luego del envío.
Reseña del libro "O Labor Lírico do Ilustrado Cura de Fruíme (Ensaio) (en Gallego)"
Diego Antonio de Zernadas, coñecido como o cura de Fruíme, é unha das figuras máis senlleiras da literatura galega do Barroco. Ben como ilustrado, ben como literato, a súa maior importancia reside no feito de ser o máximo cultivador do galego durante os séculos escuros. Cando Galiza vivía un momento crítico que fendía as súas bases económico-sociais, no que era unha continuación da onda de descrédito á que estaba a ser sometida dende a instauración da dinastía dos Trastamara, o nome de Zernadas y Castro situouse como un dos intelectuais galegos máis preocupados por denunciar a situación. Nesta obra non só se dá conta do perfil da realidade galega do século XVIII, senón que ademais, por vez primeira e baixo unha detida análise filolóxica, preséntase o corpo completo da obra galega do cura de Fruíme. Francisco Fernández del Riego sinala no prólogo que “o libro de Pardo de Neyra (...) é un libro ilustrativo, mesmo aleccionador. Porque explica as características dunha época, e analiza unha obra significativa. Enxertado nun tempo no que se ergue a voz dos “Ilustrados” galegos, dá a verdadeira medida doutra voz que se valeu do idioma propio para defender os valores do país. A análise realizada nas súas páxinas polo autor, é unha análise comprida, evidentemente proveitosa para os que se interesen pola figura precursora nelas estudiada”
- 0% (0)
- 0% (0)
- 0% (0)
- 0% (0)
- 0% (0)
Todos los libros de nuestro catálogo son Originales.
El libro está escrito en Gallego.
La encuadernación de esta edición es Tapa Blanda.
✓ Producto agregado correctamente al carro, Ir a Pagar.